25 aniversario do Hubble: os Piares da Creación

25 aniversario do Hubble: os piares da creación
Créditos da imaxe: NASA, ESA mailo Hubble Heritage Team (STScI / AURA).

Explicación: Para celebrar os 25 anos (1990-2015) de exploración do Universo desde a órbita baixa da Terra, as cámaras do Telescopio Espacial Hubble usáronse para revisitar a súa imaxe máis icónica. O resultado é esta imaxe máis fonda e definida da rexión alcumada os Piares da Creación, fotografados por vez primeira polo Hubble en 1995. No máis fondo do interior están a formarse estrelas. As columnas dun ano luz de lonxitude de gas e po fríos están a uns 6.500 anos luz de distancia en M16, a nebulosa Aguia, cara a constelación Serpens. Os propios piares cósmicos, esculpidos e erosionados pola potente radiación ultravioleta e os fortes ventos das estrelas masivas e novas do cúmulo M16, están destinados a destruírse. Pero o contorno turbulento de formación estelar do interior de M16, dos que vemos uns detalles espectaculares nesta instantánea en luz visible do Hubble, probablemente sexa semellante ao contorno no que se formou o noso propio Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

Descuberta unha nova área para estudar a asimetría entre materia e antimateria no universo

O traballo, publicado en ‘Nature’, está asinado pola colaboración LHCb do CERN, na que traballan preto de 40 membros do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

A revolución inminente na escoita do cosmos para achegarse ao Big Bang desde Galicia

O proxecto LISA multiplicará a capacidade de investigadores como os do IGFAE que escudriñan os sinais do cosmos para entendelo

O galego detrás do revolucionario achado sobre a enerxía escura: “Estamos na idade dourada da cosmoloxía”

O físico coruñés Antón Baleato Lizancos coordina unha das partes do experimento DESI, que está a lanzar novas evidencias sobre a orixe e funcionamento do universo