Martes 19 Marzo 2024

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia

Infiltrámonos no congreso 18 congreso da “Sociedad Española de Neurociencia” celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes:
  • Cerebroides en placa petri
  • Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética
  • Existe o libre albedrío?
  • Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos
  • En ratiños de laboratorio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios
  • Cal é o estado mental dun músico cando fai improvisación?
  • As bolboretas femininas da alma, o papel das hormonas no cerebro feminino
María Llorens Martín diante da obra dos alumnos do Mestre Mateo
Para tratar estes temas conversamos con Agnés Gruart (Presidenta da SENC, catedrática de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), José Mª Delgado (catedrático de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), Guglielmo Foffani (enxeñeiro biomédico, HM CINAC), Paola Arlotta (Universidade de Harvard), Luis Miguel García Segura (Profesor de investigación do CSIC-Instituto Cajal), Botond Roska (Friedrich Miester Institute for Biomedical Research, Basilea), María Llorens Martín (Centro de Biología Molécular Severo Ochoa) e Patricia Tezanos (Instituto Cajal e creadora de Antroporama).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O cerebro ten a súa propia wifi: comunicacións sen cable do sistema nervioso

Científicos deseñan os primeiros mapas das conexións 'wireless' nun ser vivo mudando a comprensión do funcionamiento neuronal

GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

Xurxo Mariño, divulgador: “Sabemos máis da sexualidade das ratas que da das persoas”

O tamén investigador da UDC desvela no seu novo libro algúns dos últimos descubrimentos sobre a neurociencia das emocións

Completado o primeiro mapa do cerebro dun insecto

Dous equipos científicos de EE.UU. e Reino Unido lograron mapear o cerebro completo da larva da mosca da froita tras 12 anos de trabllo