Sábado 27 Abril 2024

Unha paxarela lunar e ronseis estelares

Créditos da imaxe e copyright: Haitong Yu
Créditos da imaxe e copyright: Haitong Yu

Explicación: o 31 de xaneiro, unha eclipse lunar con moito vagar puido gozarse desde toda a parte nocturna do planeta Terra, o primeiro de tres eclipses totais consecutivas de Lúa. Esta espectacular imaxe de vídeo secuencia seguíu un espectáculo celeste dunhas tres horas nunha serie combinada de exposicións desde a provincia Hebei na China setentrional. A cámara, fixada nun trípode, grava á Lúa Chea esvarando por un ceo nocturno limpo. O ronsel con forma de paxarela da Lúa, demasiado brillante xusto antes e despois da eclipse, faise estreito e vermello durante a fase máis escura de eclipse total que durou unha hora e 16 minutos. No afastado fondo están os ronseis coloridos das estrelas en arcos concéntricos por riba e por baixo do ecuador celeste.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150