Venres 26 Abril 2024

Orión dende o Herschel

Créditos da imaxe e copyright: ESA/Herschel/PACS/SPIRE
Créditos da imaxe e copyright: ESA/Herschel/PACS/SPIRE

Explicación: esta espectacular imaxe olla no interior de M42, a nebulosa de Orión, a gran rexión de formación estelar máis achegada a nós. Empregando datos de lonxitudes de onda no infravermello desde o Observatorio Espacial Herschel, a composición en cores falsas explora a turbulenta nube cósmica a tan só 1.500 anos luz de distancia. Os filamentos fríos e densos de po que serían escuros ás lonxitudes de onda do visible amósanse en cores vermellas. Os filamentos, con anos luz de lonxitude, entretécense xuntos con manchas brillantes que corresponden a rexións deprotoestrelas que están a colapsarse. A zona azulada máis brillante preto da parte superior do cadro é po máis morno quecido polas estrelas quentes do cúmulo do Trapecio que tamén alimentan o brillo visible da nebulosa. Os datos do Herschel indicaron recentemente que a luz estelar ultravioleta procedente das estrelas quentes recén nadas contribúe probablemente á creación das moléculas de hidrocarburos,bloques construtivos básicos da vida. Esta imaxe do Herschel abarca uns 2 por 3 graos do ceo ou uns 50 por 80 anos luz á distancia da nebulosa de Orión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón