Venres 26 Abril 2024

NGC 602 e máis alá

Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al; Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermellos: Spitzer: NASA/JPL-Caltech
Créditos da imaxe: raios X: Chandra: NASA/CXC/Univ.Potsdam/L.Oskinova et al;
Visual: Hubble: NASA/STScI; Infravermellos: Spitzer: NASA/JPL-Caltech

Explicación: preto das aforas da Pequena Nube de Magallanes, unha galaxia satélite a uns 200 anos luz de distancia, atópase o cúmulo estelar NGC 602, con 5 millóns de anos de idade. NGC 602, arrodeado polo gas e po natais, amósase neste abraiante imaxe do Hubble da zona, aumentada por imaxes en raios X do Chandra e nos infravermellos do Spitzer. As fantásticas cristas e as amplas formas suxiren con forza que a potente radiación e as ondas de choque procedentes das estrelas novas masivas de NGC 602 erosionaron o material poeirento e desencadearon unha progresión de formación estelar que se está a mudar desde o centro do cúmulo. Á distancia estimada da Pequena Nube de Magallanes, a imaxe abarca uns 200 anos luz, pero tamén pode ollarse ao fondo unha sedutora escolma de galaxias nesta definida imaxe multicor. As galaxias do fondo están polo menos a centos de millóns de anos luz máis alá de NGC 602.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón