Meteoros sobre a montaña das Catro Mozas

Créditos da imaxe e copyright: Alvin Wu
Créditos da imaxe e copyright: Alvin Wu
Créditos da imaxe e copyright: Alvin Wu
Créditos da imaxe e copyright: Alvin Wu

Explicación: algunhas noites choven meteoros. No seu máximo durante as vindeiras dúas noites, agárdase que o po de asteroides chova sobre a Terra durante a chuvia de meteoros das xemínidas anual. Por desgraza, este ano as xemínidas máis febles serán máis difíciles de ollar polo brillo da Lúa chea “das noites longas”, que ocorrerá o mércores. Na fotografía, unha imaxe da chuvia de meteoros das perseidas deste ano de agosto, captando múltiples ronseis sobre a montaña das Catro Mozas na China central. O brillante cúmulo estelar aberto das Pléaides aparece cara a parte superior dereita, mentres se poden ollar numerosas nebulosas de emisión en vermello, moitas superpostas sobre a franxa diagonal da Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.