
Explicación: se puideras estar na superficie do exploneta de tamaño terrestre e recén descuberto TRAPPIST-1f, que ollarías? Actualmente ningún terrestre o sabe con seguridade, pero a ilustración publicada representa unha suposición aproximada baseada en datos tirados polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA que está a orbitar ao Sol. En 2017, o Spitzer atopou catro planetas de tamaño terrestre máis, incluíndo TRAPPIST-1f, en adición aos tres descubertos en 2015 desde terra. Desde a superficie do planeta, preto do calmo terminador entre a noite e o día, poderías ver auga, xeo e rocha sobre o chan, mentres que as nubes de auga poderían pendurar por riba. Máis alá das nubes, aparecería a pequena estrela central TRAPPIST-1 máis vermella có noso Sol, pero máis grande angularmente pola órbita achegada. Con sete planetas de tamaño terrestre coñecidos, moitos dos cales pasan uns preto doutros, o sistema TRAPPIST-1 non é só un candidato para ter vida; tamén podería ser vida “interaccionante”, aínda que unha procura preliminar non atopou transmisións evidentes.