Explicación: pola noite do 17/18 de marzo despregouse este paraugas de luces setentrionais sobre os patios traseiros de Vallentuna (Suecia), a uns 30 quilómetros ao norte de Estocolmo. O espectáculo auroral, un resultado da tormenta xeomagnética máis forte deste ciclo solar, captouse pola noite desde os patios traseiros e dianteiros incluso en latitudes máis baixas, incluíndo avistamentos desde o Medio Oeste dos Estados Unidos. A tormenta espacial, unha beizón para os cazadores de auroras, comezou a construírse cando unha exección de masa coronal, expulsada pola actividade solar uns dous días antes, bateu na magnetosfera do planeta Terra. Así que, cal é o nome do observatorio caseiro á dereita do amplo campo de vista? Iso é o Observatorio Carpe Noctem, por suposto.
N.T.: no orixinal en inglés (norteamericano) hai un xogo de palabras con “backyard”, que denomina “patio traseiro”, que se perde un pouco ao traducilo. Tamén ás veces a connotación de “caseiro”.