A New Horizons despega cara Plutón

Image Credit & Copyright: Ben Cooper
Image Credit & Copyright: Ben Cooper

Explicación: Destino: Plutón. A sonda espacial New Horizons ruxía desde a súa plataforma de lanzamento en Cabo Canaveral en Florida, EUA en 2006 na procura de aventuras no afastado Sistema Solar. A nave é a máis rápida das naves espaciais nunca antes lanzada por humanos, pasando pola Lúa só nove horas despois do despegue, eXúpiter só un ano despois. Tras gastar case unha década cruzando o Sistema Solar, a New Horizons sobrevoará Plutón o martes. Plutón, oficialmente un planeta cando a New Horizons foi lanzada, nunca foi visitada por unha nave espacial ou fotografado de preto. Despois de Plutón, a so da espacial automática visitará un ou máis obxectos do Cinto de Kuiper orbitando ao Sol aínda máis lonxe ca Plutón.  Na fotografía, a nave New Horizons despega cara o espazo na parte dianteira dun potente foguete Atlas V.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.