Venres 26 Abril 2024

Ciencias do Mar celebra o seu 25 aniversario

25 anos despois da creación da titulación de Ciencias do Mar, xa levan saído das súas aulas 2.200 titulados e tituladas que na actualidade traballan en eidos moi diversos, como xestión e planificación do litoral, bioloxía mariña, xestión dos recursos pesqueiros e acuicultura, ecoloxía e conservación do medio mariño, xeoloxía mariña, botánica mariña, biotecnoloxía ou enerxía renovables mariñas.

Con motivo da celebración deste cuarto século da carreira, a Facultade de Ciencias do Mar organizou o venres a xornada Oceanógrafos polo mundo, un encontro con antigos alumnos e alumnas das primeiras promocións para dar a coñecer as súas traxectorias laborais e as habilidades que os converteron en profesionais recoñecidos.

Publicidade

No acto de apertura o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a decana da Facultade de Ciencias do Mar, Belén Rubio, coincidiron en destacar a versatilidade dos titulados de Ciencias do Mar e a consolidación dunha carreira exclusiva en Galicia e que só se imparte en seis universidades de todo o estado.

Quintana felicitou “á facultade, a todos os estudantes que polas súas aulas pasaron facilitando o seu crecemento sostido e á Universidade de Vigo pola súa aposta por unha titulación moi especializada, que en 1991 só se ofertaba en Vigo en toda a zona norte peninsular”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Ciencia de ida e volta”, sete meses de divulgación científica na UVigo

A proposta da universidade busca dar a coñecer as liñas de investigación, á vez que mellorar a capacidade de comunicación do PDI

A achega da Universidade de Vigo contra a Covid-19 en seis proxectos de investigación

A UVigo acadou fondos en convocatorias extraordinarias moi competitivas, colaborando con outras universidades, empresas, hospitais e centros de investigación

A Universidade de Vigo incorpora a dous científicos que acadaron a Starting Grant

Mario Pansera e Sara Varela desenvolverán durante cinco anos os seus traballos ao abeiro do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación

A UVigo acada 3,7 millóns para 33 novos proxectos de investigación

O proxecto con maior financiamento, 363.000 euros, está dirixido polo catedrático David Posada