Laboratorio UVigo

Imaxe dun laboratorio da Universidade de Vigo.

A produción científica das tres universidades galegas duplicouse nunha década

O Observatorio IUNE destaca a Galicia, que pasou en dez anos de publicar 1.861 artigos científicos anuais a 3.341

A publicación de artigos científicos polas tres universidades galegas duplicouse na última década, a pesares do estacamento no número de profesores, segúndo os datos do novo informe anual sobre I+D+i universitaria elaborado polo Observatorio IUNE da Alianza 4UMA, das universidades Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Carlos III de Madrid e Pompeu Fabra, e coordinou o profesor da UC3M Elías Sanz Casado.

O número de ‘papers’ publicados cada ano polas tres universidades pasou de 1.861 no 2004 a 3.341 do 2013, último período analizado. Santiago ocupa o oitavo lugar de España en produción científica, seguida de Vigo, no 19 posto, e da Coruña, moi retrasada, no posto número 34 deste ránking.

No 2004, a USC publicaba 1.030 artigos científicos. No 2013, a cifra era de 1.722. A UVigo pasou dos 579 do 2004 aos 988 do 2013. Mentres que a UDC avanzou de 252 a 631 artigos por ano.

As tres universidades publicaron na última década máis de 25.000 artigos

En total, as tres universidades galegas publicaron nesta década máis de 25.000 artigos científicos. Santiago colocouse líder, con 13.959; seguida de Vigo, con 7.704, e pecha A Coruña, con 4.094.

En termos xerais, os datos presentados no Observatorio IUNE mostran que, a pesar do estancamento do número de profesores nos últimos anos, seguiu crecendo a produción en Web of Science (unha das principais bases de datos de produción científica mundial). Isto supón un incremento notable da produtividade na última década, pasando de 0,42 documentos por profesor en 2004 a 0,77 en 2013.

En canto ás comunidades autónomas, a maior produción científica séguese mantendo en Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía. Así mesmo, o estudo destaca que Galicia e País Vasco, a pesar do seu menor tamaño, evidenciaron un importante crecemento na última década.

Podes consultar o informe
neste enlace do Observatorio IUNE

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.