Venres 26 Abril 2024

M27: a nebulosa Dumbbell

Créditos da imaxe e copyright: John Hayes
Créditos da imaxe e copyright: John Hayes

Explicación: a primeira pista de en que se converterá o noso Sol foi descuberta inadvertidamente en 1764. Nesa data, Charles Messier estaba a recompilar unha lista de obxectos difusos para non confundilos con cometas. O obxecto 27º da listaxe de Messier, coñecido agora coma M27 ou a nebulosa Dumbbell, é unha nebulosa planetaria, a clase de nebulosa que producirá o noso Sol cando se deteña a fusión nuclear do seu núcleo. M27 é unha das nebulosas planetarias máis brillantes do ceo e pode ollarse cara a constelación da Raposa (Vulpecula) con prismáticos. Á luz cóstalle uns 1000 anos chegar a nós desde M27, que se amosa enriba en cores emitidas polo hidróxeno e o osíxeno. A comprensión da física mailo significado de M27 estaba fóra do alcance da ciencia do século XVIII. Aínda hoxe, moitas cousas seguen a ser un misterio sobre as nebulosas planetarias bipolares coma M27, incluíndo o mecanismo físico que expulsa a envoltura gasosa máis externa dunha estrela de masa baixa, deixando unha anana branca quente en raios X.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tren de borrascas traerá abundante chuvia e descenso térmico a Galicia na ponte de maio

A vindeira semana estará marcada pola alta probabilidade de precipitacións en todo o territorio, con temperaturas que non superarán os 15 graos

Gripe H5N1: a próxima pandemia?

Unha variante do virus, presente dende 2020, está a causar mortalidades nunca vistas en aves, tanto domésticas como silvestres

Catro galegos proban o primeiro fármaco contra o fígado graxo nun ensaio clínico pioneiro

O tratamento, que acaba de ser aprobado en Estados Unidos, pode tardar dous anos en estar dispoñible en España

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico