Venres 19 Abril 2024

Unha cola iónica dividida no cometa Lovejoy E4

Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich
Créditos da imaxe e copyright: Fritz Helmut Hemmerich

Explicación: que lle está a acontecer ao cometa Lovejoy? Na fotografía publicada captouse ao cometa a comezos deste mes despois de brillar de xeito inesperado e amosar unha longa e intrincada cola iónica. De maneira destacada, o efecto do vento mailo campo magnético solares fixeron que o medio da cola iónica do cometa Lovejoy lembre á cabeza dunha agulla. O cometa C/2017 E4 (Lovejoy) foi descuberto aínda o mes pasado polo notable descubridor de cometas Terry Lovejoy. O cometa acadou a magnitude visual 7 a comezos deste mes, convertíndoo nun bo obxectivo para prismáticos e cámaras de longa duración. O que lle pasou ao cometa Lovejoy E4 desde que se tirou esta imaxe podería ser considerado aínda máis destacado; o núcleo do cometa semellou estar a desintegrarse e atenuarse mentres se achegaba á súa maior aproximación ao Sol hai dous días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así de arrepiante soa o campo magnético da Terra

Un equipo danés recolle sinais medidas por varios satélites da Axencia Espacial Europea e convérteas en son

Un anaco dun mundo alieníxena soterrado no interior da Terra?

Varias teorías científicas tentan explicar a Anomalía do Atlántico Sur coa posibilidade dos restos do planeta Theia e a súa colisión co noso mundo

O campo magnético da nosa galaxia desde o Planck

A que se parecería o campo magnético da nosa Galaxia?