Rubén Nogueiras (esquerda) e Daniel Beiroa. Foto: USC.

Rubén Nogueiras (esquerda) e Daniel Beiroa. Foto: USC.

Entrega do premio da Fundación Antonio Esteve a Daniel Beiroa e Rubén Nogueiras

O artigo dos científicos da USC foi recoñecido como o mellor traballo publicado por un autor español nos últimos tres anos en Farmacoloxía

Os investigadores do grupo de Metabolismo Molecular da USC Rubén Nogueiras e Daniel Beiroa reciben este martes o premio de Investigación Fundación Dr. Antonio Esteve ao mellor artigo de investigación farmacolóxica publicado por un autor español nos últimos tres anos. A entrega realizarase nun acto que terá lugar no Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC.

A sesión comezará coas intervencións da vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e do director da Fundación Dr. Antonio Esteve, Fèlix Bosch. Deseguido intervirán Rubén Nogueiras que realizará unha presentación  do grupo de investigación e Daniel Beiroa, primeiro asinante do traballo, que presentará un resumo do artigo premiado. O premio, outorgado por un tribunal internacional, está dotado con 18.000 euros. 

O traballo premiado conseguiu, por un lado, demostrar en roedores cómo a liraglutida actúa no cerebro e activa un mecanismo para queimar graxa e incrementar o gasto enerxético sen que se vexa afectada a inxesta de alimentos. Por outra banda, a investigación tamén realizou un exhaustivo seguimento de quince pacientes con obesidade e diabete tipo 2, controlando periodicamente o peso, a alimentación, a insulina, a glucosa e outros indicadores. Despois dun ano de tratamento, os pacientes mostraron un maior gasto enerxético e lograron perder un 5% de graxa, resultados especialmente relevantes, xa que esta redución contribúe a mellor o seu perfil clínico.

Unha resposta a “Entrega do premio da Fundación Antonio Esteve a Daniel Beiroa e Rubén Nogueiras”

  1. Emilia Otero

    Ojalá se pueda seguir investigando porque buenos investigadores no faltan , aunque cada vez ,.por desgracia , es menor la inversión que el gobierno concede a la investigación.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.