Venres 26 Abril 2024

O programa Efervesciencia convídate a participar como público no seu Especial Fin de Ano

O programa Efervesciencia, que dirixe Manuel Vicente na Radio Galega, convida ao seus ouvintes a participar como público no seu especial Fin de Ano de Efervesciencia. Deste xeito, abren o seu laboratorio sonoro ao público que os queira acompañar na gravación deste programa especial. Para asistir tes que escribir a efervesciencia@radiogalega.es ou deixar o teu nome neste formulario. A cita é o venres 23 de decembro ás 16:45 nos estudos de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. As prazas son moi limitadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia en Efervesciencia: “Hai dez anos a divulgación era un fenómeno minoritario”

Entrevista con Pablo López no programa da Radio Galega dirixido por Manuel Vicente

Cerebroides, neuronas e improvisación

Unha nova entrega do programa Efervesciencia, que visita o Congreso da Sociedade Española de Neurociencia

As vacacións da avoa de Einstein

Comeza unha nova tempada de Efervesciencia con novos contidos para o programa de divulgación científica que dirixe Manuel Vicente

A serie ‘Breaking Bad’, a ollos dun químico

Unha nova entrega do programa 'Efervesciencia' que afonda na química da famosa ficción de televisión