Térmica As Pontes

Central térmica no concello de As Pontes. / PdC

Os galegos aforran 81 millóns de euros en enerxía ao ano

A consellería cifra en 550 millóns o obxectivo de aforro ata o 2020

Os galegos aforraron 81 millóns de euros en enerxía en 2013. Son datos da Consellería de Economía e Industria, grazas ao esforzó de familias, empresas e administración. As distintas actuacións levadas a cabo nos últimos anos diminuíron un 6% a intensidade enerxética de Galicia, o que supón que se necesita menos enerxía por cada millón de euros xerado do PIB galego.

O titular da consellería, Francisco Conde, destacou este mércores, durante a inauguración da xornada organizada polo Instituto Enrxético de Galicia (Inega) con motivo da celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética, a importancia de promover actuacións que fomenten un uso racional da enerxía entre a cidadanía, as empresas, e a propia Administración.

Neste contexto, Conde relacionou a importancia da consecución desta rebaixa do 6% na intensidade enerxética coa “creación dunha conciencia colectiva de aforro”, que ten permitido obter os mesmos bens con menos consumo, manter a mesma ou maior calidade de vida dos servizos prestados, e a un prezo inferior.

Nesta aposta polo aforro e a eficiencia enerxética, sinalou o titular de Economía e Industria, o sector industrial desempeña un papel decisivo ao representar o 45% do consumo final de enerxía en Galicia. As empresas galegas contribuiron reducindo a súa factura enerxética nun 15%. Pola súa banda, o consumo das familias representa xa un 30% do consumo total da enerxía.

Galicia rebaixa nun 6% a súa intensidade enerxécita, segundo datos coñecidos no Día Mundial da Eficiencia

Sobre esta base, nos últimos anos o Inega promoveu entre a cidadanía distintas actuacións encamiñadas a mellorar a conciencia colectiva sobre a importancia de aforrar enerxía, e apoiar aos galegos na implantación deste tipo de medidas. Deste xeito, apuntou o conselleiro, desenvolvéronse programas para a substitución de farois ou equipos de climatización por outros máis eficientes, realizáronse máis de 3.000 inspeccións en instalacións térmicas de edificios, e puxéronse á disposición das familias distintas ferramentas para que coñezan o seu consumo e poidan implantar medidas de aforro e eficiencia.

En canto a propia Administración, Conde afirmóu que “ten a obriga de ser un exemplo que trace o camiño polo que debemos transitar”. Neste sentido, o Goberno galego está a desenvolver o Plan de aforro e eficiencia enerxética da Administración pública galega. A través desta estratexia desenvolvéronse xa actuacións de mellora da iluminación pública exterior en 170 municipios galegos, diminuíndo a factura eléctrica das zonas beneficiadas en máis dun 50%. Ademais, activouse a nova Rede de Enerxía de Galicia (Redexga), un pioneiro sistema co que Galicia aforrará 14 millóns na factura eléctrica dos próximos catro anos.

“Este traballo compartido entre familias, empresas e Administración pública xa está a ofrecer importantes resultados, permitíndonos aforrar nestes momentos 81 millóns ao ano”, destacou Conde. Unha cifra que, proseguiu, Galicia aspira a incrementar a través de novas medidas de eficiencia enerxética que permitan acadar un aforro económico de máis de 550 millóns de euros ata o ano 2020.

Todos estes datos que levan aparellado un claro beneficio ambiental, ao evitarse a emisión á atmosfera de máis de 310.000 toneladas de CO2 ao ano. “Camiñamos, así, cara ao desenvolvemento dunha economía verde que aproveita dun modo máis responsable e sostible os nosos recursos naturais”, apuntou o titular de Economía e Industria. Neste campo, desempeña un papel fundamental o impulso das fontes renovables, unha aposta na que a Xunta segue a traballar facendo este ano un esforzo especial no eido da biomasa. Así, estase a consensuar co sector unha estratexia integral de impulso da biomasa forestal con fins térmicos que suporá importantes melloras no medio rural beneficiando tanto á cidadanía, como á Administración pública e ás empresas galegas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.