As frases de Concepción Arenal seguen a estar vixentes.

As frases de Concepción Arenal seguen a estar vixentes.

Unha galega universal: Concepción Arenal

A xurista ferrolá, pioneira do feminismo, tivo que se disfrazar de home para estudar na universidade

Selo da República de Concepción Arenal.

Selo da República de Concepción Arenal.

Concepción Arenal, xurista e escritora galega, muller de ciencia e feminista, é unha das figuras senlleiras do século XIX pola trascendencia do seu pensamento.

Nada en 1820 en Ferrol, onde o seu pai era militar, residiu a maior parte da súa vida en Madrid, e se retirou a Galicia de novo no final dos seus días. Faleceu en Vigo o 4 de febreiro de 1893. Na cidade olívica, varios fitos e monumentos recordan unha persoa exemplar que viviu longos anos na cidade, no seu pazo situado na zona dos Choróns, tras o convento dos Capuchinos, no barrio de Casablanca.

A súa vida foi un exemplo de afouteza intelectual, nun momento en que as mulleres estaban totalmente marxinadas da vida pública. Exemplo diso é como ingresa, en 1841, con 21 anos, na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid, baixo identidade falsa e vestida con roupas de home. Como ouvinte, puido cursar a carreira, malia a oposición da súa nai, xa viúva. E, sen ánimo de agocharse, dende moi nova participou en faladoiros literarios e políticos ata entón vedados para a muller.

Tras obter a súa titulación, comeza a colaborar en diversos xornais, con artigos de contido social. Colabora tamén con institucións de beneficencia e publica obras sobre a atención aos máis desfavorecidos. Entre eles, chaman a súa atención os presos. En 1863, convértese na primeira muller que recibe o título de Visitadora de Cárceres de Mulleres. E alterna a súa obra política coa literaria, en especial na poesía.

“Odia o delito e compadece ó delincuente”, a súa grande frase

A súa obra “Oda á escravitude” (1866) é premiada pola Sociedade Abolicionista de Madrid. E son aclamadas as súas “Cartas aos delincuentes” (1865), o reo, o pobo e o verdugo” ou “A execución da pena de morte” (1867). “Odia o delito e compadece ó delincuente” é a súa grande frase para a historia.

En 1872, funda a Construtora Benéfica, unha sociedade que se dedica á construción de casas baratas para obreiros. E, durante as guerras carlistas, chega a poñerse á fronte dun hospital de campaña en Miranda de Ebro.

Como feminista é valente, unha pioneira. As súas ideas, aínda que hoxe serían extremadamente conservadoras, son avanzadas para o seu tempo. Está enmarcada no catolicismo social e defende que a muller se instrúa e traballe. Recibe ataques da Igrexa, malia que é profundamente relixiosa. E non dubida en criticar aos cregos da súa época: “O clero en xeral é moi ignorante, non quere a muller instruída; é mellor auxiliar: mantela na ignorancia,”. Pero, cando o feminismo avance, serán os conservadores os que abracen con máis entusiasmo as súas ideas. En 1902, o xesuíta Julio Alarcón, na recén fundada revista “Razón y Fe”, defenderá o seu feminismo.

Tumba e monumento a Concepción Arenal no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

Tumba e monumento a Concepción Arenal no cemiterio de Pereiró, en Vigo.

A grande activista, escritora e xurista retiraríase a Vigo ao final da súa vida. Falecería en 1893, con 73 anos.

Dezaoito anos despois da súa morte, en 1912, Concepción Areal recibiría a súa primeira grande homenaxe en Vigo. Os seus restos mortais son trasladados, nun cortexo fúnebre de gala, dende o cemiterio de Picacho, preto do Berbés, ata o de Pereiró, que se estrea ese ano coa súa tumba. Será o colosal monumento que hoxe preside a entrada do camposanto e que é obra de Manuel Gómez Román e que foi pagado polo Concello. Anos despois, dedicaráselle tamén unha rúa.

Ademais, consérvanse os restos do vello pazo de Núñez, na zona dos Choróns, onde pasou os seus últimos anos e faleceu. Alí vivira antes Casto Méndez Núñez, o da honra e os barcos. En 1938, unha campaña pública pediu que se conservase o pazo, xa en ruínas, para convertelo en reformatorio, xa que Vigo era (contaba un xornal da época) “a cidade de Galicia que máis nenos dá á criminalidade, como acontece en todas as urbes de complicada vida industrial, portuaria e cosmopolita”.

Finalmente, o pazo será demolido. Pero a súa solaina, cunha fermosa balaustrada, foi trasladada aos xardíns de pazo de Castrelos.

Arenal conta tamén con monumentos na súa honra erixidos na Coruña e Ferrol. E moitas rúas ao seu nome en cidades e vilas galegas. Así que Concepción Arenal conseguiu o recoñecemento público, como unha das máis grandes personalidades da investigación e lexislación penitenciaria. E tamén como unha pioneira da loita polos dereitos da muller. Faleceu en Vigo hai agora 125 anos.

4 respostas a “Unha galega universal: Concepción Arenal”

  1. María del Carmen Roel

    Mi madre hija de Gallegos siempre me hablaba de ella.Mi bisabuelo Carlos Pol Caamaño era escribano público y Gallegos todos mis abuelos. Me sorprende gratamente este artículo.Soy Argentina pero siempre en mí alma la Patria de mis antepasados , mamá me contó de los grandes logros de una verdadera mujer adelantada para su época,las cárceles deben ser para devolver a los presos a la sociedad… Se lo he escuchado a mí madre los saludo cordialmente.

  2. María del Carmen Roel

    Mi madre hija de Gallegos siempre me hablaba de ella.Mi bisabuelo Carlos Pol Caamaño era escribano público y Gallegos todos mis abuelos. Me sorprende gratamente este artículo.Soy Argentina pero siempre en mí alma la Patria de mis antepasados , mamá me contó de los grandes logros de una verdadera mujer adelantada para su época,las cárceles deben ser para devolver a los presos a la sociedad… Se lo he escuchado a mí madre los saludo cordialmente.

  3. Maria Jose

    Tamen ten un colexio grande en Catro Caminos, na Coruña. Eu fixen ali a EXB e xa teño 50 anos. Colexio Concepción Arenal, pegado a Maestría
    Gracias pola vosa fermosa paxina e un saudo!

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.