Retrato de Manuela Barreiro Pico, cunha estampa antiga de Ribadeo.

Retrato de Manuela Barreiro Pico, cunha estampa antiga de Ribadeo.

Un libro reivindica a Manuela Barreiro, a primeira farmacéutica de Galicia

Foi a primeira licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago e tivo que pedir permisos especiais para estudar e exercer

A catedrática da USC e profesora na Facultade de Ciencias de Lugo, María Isabel Fernández García, rescata a memoria da ribadense Manuela Barreiro, a primeira muller que completou os estudos da licenciatura en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela no libro “Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada”, que vén de editar a Deputación Provincial de Lugo.

Nesta obra, María Isabel Fernández, que tamén forma parte do Grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia Nosa, pon en valor as actividades e méritos acadados por Manuela Barreiro e afonda na figura desta ribadense, a primeira muller que cursa estudos na universidade en Galicia, logo de solicitar permiso ao Ministerio para matricularse na USC, á que accedeu en 1896. Rematados os estudos da licenciatura en Farmacia en 1900, Barreiro Pico abriría un ano despois a súa propia Botica en Ribadeo. Eso sí, logo de solicitar múltiples permisos.

manuela barreiro 44

O libro que vén de publicar María Isabel Fernández contribúe a rescatar e poñer en valor a memoria tantas veces esquecida da actividade desenvolvida polas mulleres en xeral e das galegas en particular fóra do fogar. Etas mulleres, segundo subliñan desde o grupo de investigación CienciaNosa da USC fixeron un gran labor iniciador e silencioso que contribuíu a abrir os camiños polos que hoxe transitan moitas mulleres.

Manuela Barreiro abriu a sua farmacia en Ribadeo na actual rúa Rodríguez Murias, dende 1903 a 1933. A pioneira farmacéutica tivo que pasar por incontables trámites burocráticos para poder exercer. Consérvase o escrito que dirixiu ao ministro de Instrución Pública e Belas Artes, no que sinala que desexaba estudar Farmacia “para el ejercicio de una profesión que siempre creyó propia a su sexo y enl a que pretende hallar ocupación útil para sí y para la sociedad”.

Actualmente, unha rúa de Ribadeo leva o nome de Manuela Barreiro.

 

Unha resposta a “Un libro reivindica a Manuela Barreiro, a primeira farmacéutica de Galicia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.