Home Fotonautas Videonautas O robot que substitúe a Santiago Pemán

O robot que substitúe a Santiago Pemán

0
O robot que substitúe a Santiago Pemán

A aplicación GALiWeather xera automaticamente prognósticos meteorolóxicos a curto prazo en linguaxe natural, a partir dos datos de predición de Meteogalicia. O sistema, que foi desenvolvido conxuntamente cos meteorólogos do servizo autonómico de meteoroloxía, basea o seu funcionamento en técnicas de Intelixencia Artificial (AI) e Xeración de Linguaxe Natural (NLG). Trátase dun servizo completamente operativo na actualidade, que proporciona a predición particularizada para cada un dos 314 concellos de Galicia.

A expresión ‘home do tempo’ quedou acuñada como histórica, cando os partes meteorolóxicos eran competencia case exclusiva dos varóns. Hoxe, por fortuna, hai un bó número de meteorólogas nas televisións. Pero os días de gloria duns e doutras semellan contados. Porque xa non é imprescindible que un meteorólogo converta os datos matemáticos dos observatorios nunha predicción comprensibles para todos. As máquinas xa poden facelo. E redactar un texto sen axuda humana. De feito, en Galicia moitos partes locais xa se elaboran así. E nin sequera fai falta un presentador como o clásico da TVG Santiago Pemán para contarnos o tempo que vén. A nova aplicación transforma cifras matemáticas en palabras.

Publicidade

GALIWeather foi desenvolvida por investigadores do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC e representa a información que ata agora a axencia autonómica proporcionaba só de forma gráfica e numérica.

Podes ler máis sobre GALiWeather nesta reportaxe en GCiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.