Venres 26 Abril 2024

Así atravesou Galicia o gran bólido cósmico

É un dos bólidos máis espectaculares que se teñan rexistrado en Galicia. E xa está baixo estudo da Red de Investigación sobre Bólidos y Meteoritos, organización á que pertencen científicos de diferentes universidades que rexistran, catalogan e estudan estes impactos de materia cósmica contra atmosfera. No caso do avistado o xoves 27 de outubro, ás 19.30 horas, trátase dun bólido de gran magnitude, xa que foi visible aínda con restos de luz diurna e deixou unha estela luminosa que durou uns dez minutos.

Pola súa banda, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC) conseguiu determinar a traxectoria dese bólido, que, aínda que parecía que pasaba rozando cabezas, fíxose visible a cen quilómetros de altitude no norte de Portugal e desprazouse cara á costa central asturiana, onde deixou de verse a uns 40 quilómetros de altitude.

Publicidade

Segundo La Voz de Galicia, axentes da Garda Civil tentaron localizar restos do bólido no municipio lucense de Taboada. Pero agora os expertos certifican que non houbo impacto en terra, polo feito de que o obxecto cósmico continuou a súa traxectoria sobre Asturias cara o mar. O que si resulta seguro é que se trata dun dos bólidos visualmente máis impactantes. Porque a Rede de Investigación detecta uns 500 bólidos ao ano, a través de 30 estacións. Pero a particularidade deste é o feito de ter sido visible aínda con luz diurna.

En caso de avistar un bólido, a rede investigadora convida a comunicalo na súa páxina web, seguindo as súas indicacións para que os datos poidan dar resultados científicos. Ademais, a rede publica a listaxe dos avistamentos rexistrados nos últimos anos.

Existe unha gravación en vídeo do bólido, que foi rexistrada en Cantabria por un turismo en circulación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses