Sábado 20 Abril 2024

Ángel Carracedo, Premio Nacional de Xenética

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo Álvarez recibe este venres 18 na Universidade de Córdoba o Premio Nacional de Xenética concedido pola Sociedade Española de Xenética. A entrega de premios, que se celebrará ás 18,30 horas, enmárcase nos actos de clausura do XL Congreso da Sociedade Española de Xenética, no que tamén foi recollerá o premio na modalidade básica, Ginés Morata Pérez.
A Carracedo concedéronlle o Premio Nacional na modalidade aplicada polo seu labor pioneiro no desenvolvemento de novas tecnoloxías para a identificación forense,  baseadas na xenética molecular, que tiveron  unha  grande  proxección internacional. Polas súas notables achegas nos ámbitos da xenética forense, clínica e de poboacións. Así mesmo, segundo o xurado, son destacables as contribucións do catedrático da USC  á oncoloxía clínica e ao establecemento das bases moleculares de varias enfermidades mentais e vasculares. Tamén foi considerado o traballo de Carracedo e o seu equipo na parte asistencial, “realizando decenas de miles de probas xenéticas para a detección de enfermidades raras, moitas delas con tecnoloxía propia”.

Carracedo ten publicado 480 artigos en revistas, incluídas Nature e Science

Ángel Carracedo (Santa Comba, A Coruña, 1955) dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica –o centro de maior volume de España na diagnose de enfermidades xenéticas– e o Centro Nacional de Xenotipado do Instituto de Saúde Carlos III.
O grupo de investigación de Medicina Xenómica que dirixe está composto por arredor de cen persoas de 15 nacionalidades. Publicou 12 libros e 480 artigos en revistas internacionais, incluídas Nature e Science, e as súas principais liñas de investigación son a farmacoxenómica e a xenética do cancro, así como das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a xenética de poboacións. Entre outros galardóns, Carracedo recibiu o Premio Jaume I de Investigación Médica e o Galien, coñecido como o Nobel do Medicamento, na categoría de Mellor Labor Investigadora.
O xurado nomeado pola Sociedade Española de Xenética estivo  integrado por Jaume Baguña, catedrático de Xenética da Universidade de Barcelona; Isabel Fabregat Romero, presidenta SEBC e Investigadora IDIBELL, en Barcelona; Alberto Fernís Gamero, residente SEG e profesor de Investigación do CSIC; Josefina Méndez Felpeto, catedrática de Xenética na Universidade da Coruña; Marcelino Pérez de la Vega, catedrático de xenética na Universidade de León, e Santiago Rodríguez de Córdoba, profesor de Investigación do CSIC.

Publicidade

Podes ler aquí o artigo que Ángel Carracedo escribíu en GCiencia co gallo do primeiro aniversario do noso portal científico:
Divulgar en galego

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos