Alba Aguión gaña o certame de monólogos da Fundación Aquae

A intelixencia colectiva das formigas foi o tema no que se baseou a bióloga coruñesa Alba Aguión para o seu último monólogo. Con él vén de gañar o concurso organizado pola Fundación Aquae. Alba, que xa se proclamara o ano pasado campioa estatal e subcampioa mundial no certame Famelab, comeza así o 2017 cun novo éxito.

A través destas habilidades, tal e como explica a bióloga galega, as formigas son capaces de construír grandes balsas cos seus propios corpos para poñerse a salvo das inundacións. Explica Alba que incluso a universidade de Harvard se inspirou neste procedemento para algunha das súas investigacións.

Publicidade

O monólogo da galega foi o máis votado polos visitantes da web de Aquae, nun concurso no que participaron outros tres xóvenes científicos españois. Alba Aguión recibirá un premio en metálico e unha oferta para colaborar na web da fundación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

Ciencia para todo

A divulgación científica rigorosa e de calidade é máis importante ca nunca. Por Laura Filloy