Venres 29 Marzo 2024

A Universidade de Santiago exhibe a súa relevancia mundial en Matemáticas

A Universidade de Santiago destaca en moitos eidos, dende a Química en centros de excelencia como o Ciqus, ata a Física, con investigadores no Gran Colisionador de Hadróns de Xenebra, ou figuras mundiais como Ángel Carracedo en Medidina Legal. A listaxe das áreas e dos nomes sería moi longa. Pero, entre moitas boas novas, sempre hai un ámbito no que a USC brilla ano tras ano: as Matemáticas. E, de novo, volven demostralo. Porque o profesor Juan José Nieto Roig e a profesora Rosana Rodríguez-López repiten un ano máis na relación de investigadores máis citados que elabora anualmente Thomson-Reuters para recoñecer os investigadores/as en ciencias e ciencias sociais máis influentes de todo o mundo.

matematicas usc

A edición de 2016 está centrada na produción científica rexistrada no período comprendido entre 2004 e 2014. Concretamente tomáronse en consideración os documentos altamente citados en revistas científicas e de ciencias sociais indexadas na Web of Science Core Collection, preto de 130.000 documentos. Thomson-Reuters considera como documentos altamente citados aqueles que se sitúan no 1% dos que máis referencias rexistran por campo temático e ano de publicación na Web of Science e de acordo co Essential Science Indicators (ESI).

Publicidade

Tanto Juan J. Nieto como Rosana Rodríguez forman parte do mesmo grupo de investigación sobe ecuacións diferenciais non lineares. O seu ámbito de traballo investigador aínda que de carácter básico potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da física, a bioloxía, a epidemioloxía, a medicina ou na bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas.

Rodríguez e Nieto Roig traballan en ecuacións diferenciais non lineares

O profesor Juan José Nieto Roig (A Coruña, 1958) é catedrático de Análise Matemática e coordinador do grupo de investigación. Coordinou ou participou en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais que acumulan máis de 11.000 citas. Xa citado con anterioridade na listaxe dos científicos altamente citados no eido das Matemáticas que elabora Thomson Reuters, nas edicións de 2014 e 2015, segundo datos do ISI Web of Knowledge é o terceiro investigador máis citado a nivel mundial no campo das matemáticas.

Pola súa banda, a tamén profesora do Departamento de Análise Matemática, Estatística e Optimización, Rosana Rodríguez-López acumula, segundo os propios datos xestionados por Thomson-Reuters, un total de 40 artigos con alto grao de citación no período de análise. En total, entre 2004 e 2014 sumaría preto de 2.000 citacións, cunha media por artigo próximo ao medio centenar de referencias.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O matemático Eduardo García Río ingresa na Academia de Ciencias 

O catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago incorpórase á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s