Sábado 27 Abril 2024

Superlúa e estación espacial

Créditos da imaxe e copyright: Kris Smith
Créditos da imaxe e copyright: Kris Smith

Explicación: que son esas manchiñas por diante da Lúa? Son siluetas da Estación Espacial Internacional (ISS). Un meticuloso fotógrafo lunar, empregando unha coidadosa planificación e unha coordinación á fracción de segundo, captou dez fotografías da ISSpasando por diante da Lúa chea do mes pasado. Pero non se trataba de calquera lúa chea; este foi a primeira de tres superlúas consecutivas en 2016. Unha superlúa é unha Lúa chea que semella un pouco máis grande e brillante que a maioría das outras lúas cheas. A secuencia de imaxes publicada captouse preto de Dallas, Texas. Hoxe temos a segunda superlúa desta serie, unha Lúa chea que é a máis grande e brillante non só do ano, senón da calquera outro ano desde 1948. Para ollar por ti mesmo a super-superlúa de hoxe só tes que saír ao exterior pola noite e mirar arriba. A terceira superlúa da serie deste ano acontecerá a mediados de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150