Venres 26 Abril 2024

Os cágados de IC 410

Créditos da imaxe: Juan Ignacio Jiménez
Créditos da imaxe: Juan Ignacio Jiménez

Explicación: este primeiro plano telescópico fachendea da que doutro xeito sería unha emisión feble da nebulosa IC 410. Tamén amosa dous habitantes destacados da poza cósmica de gas e po debaixo á esquerda do centro, os cágados de IC 410. A proia nebulosa, parcialmente escurecida polo po en primeiro plano, arrodea a NGC 1893, un novo cúmulo galáctico de estrelas. Formadas na nube interestelar hai tan só 4 millóns de anos, o cúmulo de estrelas moi quentes e brillantes estimulan o gas brillante. Os cágados, compostos de gas frío e máis denso, teñen uns 10 anos luz de lonxitude e probablemente sexan lugares nos que estea a acontecer a formación de estrelas. As súas testas, esculpidas por ventos e radiación procedente das estrelas do cúmulo, están perfiladas por cristas brillantes de gas ionizado mentres que as súas colas apuntan ao exterior da zona central do cúmulo. IC 410 está a uns 10 000 anos uz de distancia, cara a constelación Auriga, que está chea de nebulosas.

Xira anual de charlas de APOD: o venres 2 de febreiro na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 21:00 horas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang