Venres 26 Abril 2024

O vídeo da NASA da eclipse da Súper Lúa


Créditos do vídeo: GSFC da  NASA, David Ladd (USRA) e Krystofer Kim (USRA)
Explicación: esta noite unha brillante Lúa chea esmorecerá ata facerse vermella. A lúa desta noite será particularmente brillante porque está a chegar á súa fase completa cando está relativamente preto da Terra na súa órbita elíptica. De feito, por algunhas medicións de tamaño e brillo, a Lúa chea desta noite é denominada coma súper-lúa, aínda que quizais o de “súper” sexa esaxerado porque só será unha pequena porcentaxe máis grande e máis brillante ca unha Lúa chea normal. Porén, a nosa Lúa atenuarase ata un vermello apagado porque sufrirá tamén unha eclipse total lunar; algo que acontece cando a Lúa se ve completamente tragada pola sombra da Terra. A cor vermella tenue resulta da luz solar azul que é refractada máis fortemente pola atmosfera da Terra. A lúa desta noite tamén é denominada unha Lúa das Colleitas xa que é a Lúa chea que ocorre máis achegada ao equinoccio de setembro, un intre que marca a colleita no hemisferio setentrional da Terra. As eclipses totais de súper-lúas son relativamente raras; a última eclipse lunar de súper-lúa foi en 1982 e a vindeira será en 2033. A eclipse total de súper-lúa desta noite durará máis ou menos unha hora e o mellor sitio para ollala será desde o levante de Norteamérica tralo solpor, Sudamérica na metade da noite e Europa occidentalantes do mencer.
N.T.: no APOD da NASA soen publicar moitas fotos da Lúa chea facendo referencia aos nomes tradicionais das mesmas, nomes que en Galicia (e en España) non teñen ningún tipo de equivalencia nin tradición. Así, a Lúa das Colleitas, a Lúa Azul, a Lúa do Lobo, a Lúa da Caza… aparece ás veces nesta páxina sen que se poidan traducir máis que literalmente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada