Venres 26 Abril 2024

Lévame en avión á Lúa

Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Tamas Ladanyi (TWAN)

Explicación: non, este non é un bo xeito de chegar á Lúa. O que se fotografou é unha superposición casual dun avión maila Lúa. Normalmente, o ronsel aparecería branco, pero o gran volume de aire cara o Sol poñéndose desvía sobre todo a luz azul, dándolle ao ronsel reflectido un brillante ton vermello. Afastado na distancia, á dereita do avión, está o crecente lunar. Este mundo enorme amosa só unha tallada porque o Sol está case aliñado por detrás. A fotografía publicada, captada hai dúas semanas, estivo enmarcada por un misterioso ceo marrón, moi afastado do día para ser azul, moi afastado da noite para ser negro. Nuns minutos o improvisado espectáculo do ceo rematou. A avión atravesou a Lúa, o ronsel esparexeuse, o solpor chegou, a Lúa púxose.  O ceo virou a negro, só para desvelar milleiros de estrelas que foran demasiado febles para seren olladas ao través do rústico veo vermello.

Charla: APOD da NASA 2016, un ano de astronomía en galego. Sábado 21 de xaneiro de 2017 en Ourense, no Ateneo (Av. Habana, 25), ás 20:00 horas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150