Venres 26 Abril 2024

Galaxia e cúmulo crean catro imaxes dunha supernova afastada

Galaxia e cúmulo crean catro imaxes dunha supernova afastada
Créditos da imaxe: NASA, ESA e S. Rodney (JHU) mailo equipo FrontierSN; T. Treu (UCLA), P. Kelly (UC Berkeley) e o equipo GLASS; J. Lotz (STScI) e o equipo Frontier Fields; M. Postman (STScI) e o equipo CLASH; e Z. Levay (STScI).

Explicación: que son as estrañas manchas que arrodean a galaxia? Todas son imaxes da mesma supernova. Por primeira vez, unha única explosión de supernova foi dividida en múltiples imaxes polas defleccións de lente gravitatoria das masas que interveñen. Neste caso, as masas son unha gran galaxia e o seu fogar, un cúmulo galáctico. A imaxe amosada captouse o novembro pasado polo Telescopio Espacial Hubble en órbita terrestre. A imaxe cuádrupla en cores amarelas da supernova Refsdal ocorreu no universo temperán moi afastada e por tras do cúmulo. A medición das localizacións e os atrasos temporais entre as imaxes da supernova debería permetir aos astrofísicos recoñecer a cantidade de materia escura da galaxia e do cúmulo. Con paciencia e sorte, tamén se recuperará unha quinta imaxe da supernova nos próximos anos.
Astrofísicos: navega polos máis de 1 000+ códigos da Astrophysics Source Code Library

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente