Venres 26 Abril 2024

Conxunción a catro

Créditos da imaxe e copyright: Maxime Oudoux
Créditos da imaxe e copyright: Maxime Oudoux

Explicación: o 31 de xaneiro, un cuarto crecente da Lúa, un brillante Venus e un Marte máis tenue xuntáronse no crepúsculo, pendurados por riba do horizonte occidental xusto tralo solpor nun terceiro planeta na imaxe. Fíxate ben: é a Terra. Nesta paisaxe celeste verpertina combinada, o adorable triángulo celeste óllase entre as nubes e as brétemas. Aínda brillando pola luz do Sol, dende a órbita baixa da Terra, a Estación Espacial Internacional uniuse brevemente ao trío ese serán nos ceos preto de Le Lude, Francia. A liña de visión do fotógrafo coa estación espacial estaba realmente moi preto de Marte mentres comezou a primeira exposición. Como resultado, a raia brillante da estación semella choutar desde o planeta vermello, movéndose cara ceos máis escuros cara o cumio do cadro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150