Venres 26 Abril 2024

A galaxia do Sombreiro en infravermellos

Créditos da imaxe: R. Kennicutt (Steward Obs.) et al., SSC, JPL, Caltech, NASA.
Créditos da imaxe: R. Kennicutt (Steward Obs.) et al., SSC, JPL, Caltech, NASA.

Explicación: este anel flotante ten o tamaño dunha galaxia. De feito, é unha galaxia; ou polo menos parte dunha: a fotoxénica galaxia Sombreiro, unha das máis grandes do achegado cúmulo de galaxias Virgo. A franxa escura de po que agocha a sección media da galaxia Sombreiro en luz visual realmente brilla moi forte en luz infravermella. A imaxe superior, mellorada dixitalmente, amosa o brillo infravermello, gravado recentemente polo telescopio espacial Spitzer en órbita, superposto en cores falsas nunha imaxe previa tirada polo telescopio espacial Hubble en luz visual. A galaxia Sombreiro, tamén coñecida coma M104, abarca uns 50.000 anos luz de diámetro e atópase a 28 millóns de anos luz de distancia. M104 pode ollarse cun telescopio pequeno na dirección da constelación Virgo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang