Venres 26 Abril 2024

Conmoción na UVigo polo repentino falecemento do vicerreitor Manuel Ramos

O equipo de goberno de Manuel Reigosa lamenta a perda do seu compañeiro, responsable de Ordenación Académica de Profesorado

Profunda consternación e tristeza provocou na comunidade universitaria a confirmación do falecemento a primeira hora deste martes do vicerreitor de Ordenación Académica de Profesorado, Manuel Ramos Cabrer. Na véspera da celebración das eleccións a reitor, ás que concorría novamente na candidatura liderada por Manuel Reigosa, e a Claustro, Ramos falecía repentinamente a primeira hora no domicilio familiar de Gondomar.

O equipo de goberno da UVigo, profundamente afectado polo falecemento de Ramos; compañeiros e compañeiras da vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación manifestaron o seu fondo pesar pola perda do vicerreitor de Profesorado, do que destacan o seu compromiso coa institución académica, a súa profesionalidade e gran capacidade de traballo, ademais da súa enorme calidade humana.

Publicidade

O reitor da universidade, Manuel Reigosa, en nome de toda a comunidade universitaria, trasladou o seu máis sentido pésame á familia de Ramos Cabrer.

Doutor en Enxeñaríua Telemática

Nacido en Lugo en 1966, Manuel Ramos era enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Enxeñaría Telemática pola Universidade de Vigo. Incorporouse á institución académica viguesa en 1991, onde ocupa praza de catedrático desde novembro de 2021.

Integrante do Grupo de Servizos para a Sociedade da Información e do centro de investigación atlanTTic foi autor de 54 artigos en revistas indexadas, 12 capítulos en libros e máis de 80 comunicacións en congresos de ámbito internacional. Así mesmo, participou en 40 proxectos de investigación financiados en diversas convocatorias competitivas e en 49 contratos de transferencia e cursos con empresas.

No ámbito da xestión, desempeñou os cargos de adxunto ao vicerreitor de Investigación como director do Servizo de Telecomunicacións, director do Departamento de Enxeñaría Telemática e coordinador do programa de doutoramento e do máster oficial deste departamento.

Foi membro do Claustro, da Mesa do Claustro, do Consello de Goberno e da COAP durante 16 anos, ademais de representante sindical do profesorado funcionario na Xunta de PDI da universidade durante oito anos. Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado no primeiro mandato de Manuel Reigosa entre os anos 2018 e 2022, Ramos figura no equipo de goberno co que Reigosa concorre ás eleccións que terán lugar este mércores, 4 de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos