Comeza a publicación das reportaxes do Premio “la Caixa” de Comunicación Científica

GCiencia comeza este mércores a publicación dos sete traballos finalistas do I Premio Universitario “la Caixa” de Comunicación Científica, Contar a Ciencia, que organiza a web da ciencia galega co patrocinio da Fundación La Caixa. O premio entra así na súa fase definitiva, que culminará en xullo cando un xurado seleccione a mellor reportaxe.

O premio nace coa vocación de achegar a investigación en Galicia dende a perspectiva dos alumnos das facultades de comunicación das universidades galegas. Na súa primeira fase, que finalizóu en abril, caracterizouse pola alta participación e pola calidade das propostas presentadas, que se reduciron a sete tras unha selección realizada polo equipo de GCiencia. Dende este mércores, esta web publicará semalmente cada unha das reportaxes, nas que os alumnos analizan investigacións realizadas na súa propia universidade. O xurado elixirá o gañador nos días seguintes á publicación do último traballo.

Sara Pérez Seijo propuxo a reportaxe “Innopharma, una huella gallega en la industria farmacéutica”, sobre esta plataforma de investigación da Universidade de Santiago, con especial atención ó desenvolvemento de fármacos aplicados á psiquiatría.

Marta González e David Leiro presentan unha entrevista radiofónica alternativa, en Neurobeat Radio. Humor e música acompañarán un cuestionario dinámico a membros do Grupo de Acuicultura do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC.

Carlos Rey Estévez escribe sobre o soño e os seus aspectos controvertidos: “Que pasa cando desconectamos e o cerebro actúa por libre?”, pregúntase.

Andrea Espiñeira, en “Bajo el paraguas de Ángel Carracedo”, presentará o traballo do prestixioso Laboratorio de Medicina Xenómica da USC.

Andrea Oca trata un tema polémico: Medicar por costume. Refírese a psiquiatría, os intereses dos laboratorios e o novo manual de referencia psiquiátrico internacional.

Lidia Dosil analiza a colaboración entre empresa e universidade a través do exemplo do Talaso Atlántico e o estudo das microalgas pola Universidade de Vigo.

Sabela González presenta un traballo sobre a fotografía, un arte e, tamén, unha ciencia, a do revelado. O xogo da luz e da escuridade. E a ciencia que vai parella.

Divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas, promover o xornalismo científico e animar ós estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus é o obxectivo do I Premio Universitario “A Caixa” de Comunicación Científica que convocan aFundación La Caixa e GCiencia, a web da Ciencia en Galicia.

O premio conta coa participación das tres universidades galegas -ACoruña, Santiago de Compostela e Vigo- e está dirixido a estudantes das facultades de Periodismo e Comunicación.

O xurado estará formado por representantes de “la Caixa”, as tres universidades, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e GCiencia.

O I Premio Universitario “la Caixa” de Comunicación Científica quere involucrar os estudantes galegos no coñecemento da investigación que se desenvolve nos seus campus, moi preto de onde cursan as súas titulacións, así como promover o xornalismo e a divulgación científica entre os futuros profesionais da comunicación.

Esta primeira edición do premio foi posible grazas á implicación da Obra Social de La Caixa e a colaboración dos decanos de Ciencias da Comunicación de Santiago e da Coruña e do de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.