'Le Grand K', o cilindro de platino e iridio que se emprega como referencia internacional para medir o quilo, custodiado na Oficina Internacional de Pesos e Medidas de Paris. Fonte: BIPM.
'Le Grand K', o cilindro de platino e iridio que se emprega como referencia internacional para medir o quilo, custodiado na Oficina Internacional de Pesos e Medidas de Paris. Fonte: BIPM.

O quilo, tal e como o coñecemos, deixará de existir en 2019

Moitos aprendemos na escola que, durante varias décadas, a medida de referencia para o metro foi unha barra de platino e iridio depositada na Oficina de Pesos e Medidas de París. Un asunto con implicacións científicas e filosóficas, que foi evolucionando a medida que a ciencia avanzaba para establecer novos criterios de medición. Antes do estándar barra de iridio e platino, un galego, o matemático José Rodríguez, contribuíu cos seus estudos sobre o meridiano a establecer o Sistema Métrico Decimal.

Pola súa parte, o quilogramo, a medida da masa, é unha das poucas unidades que conserva a definición do século XIX, entendida como a masa dun cilindro de iridio e platino depositado tamén en París. Pero desde hai bastantes anos, hai un problema serio: o quilo que representa a todos os quilos do mundo está perdendo masa. O patrón, protexido por un gran dispositivo de seguridade, é constantemente pesado con balanzas de gran exactitude, que detectaron o seu ‘desgaste‘.

Tal e como conta un artigo publicado en Nature, a Oficina Internacional de Pesos e Medidas anunciou a semana pasada a aprobación dos cambios na definición do quilo, o amperio, os graos kelvin e o mol. Será o maior cambio desde 1960, e entrará en vigor en maio do 2019. Este cambio non terá repercusións inmediatas no noso día a día, pero contribuirá a mellorar aínda máis a exactitude das investigacións científicas.

E así quedarán as novas definicións:

Quilogramo: Pasará a ser medida a través da balanza de Watt, que compara a potencia mecánica coa potencia electromagnética.

Amperio: calcularase a partir dunha bomba de electróns que xera unha corrente que se pode medir contando electróns individuais. Ata agora medíase a través dun experimento que xeraba unha forza entre dous cables infinitos.

Kelvin: a medida empregada para a temperatura pasará a calcularese mediante termometría acústica, coa frecuencia das ondas sonoras que resoan dentro dunha esfera de gas, proporcional á velocidade media dos átomos do seu interior. Hoxe en día aínda se mide a través dunha temperatura e presión na que coexisten a auga, o xeo e o vapor de auga en equilibrio.

Mol: a magnitude que expresa a cantidade de partículas existentes nas substancias tamén verá modificado o seu cálculo. Farase a través dun láser que determinará a cantidade de átomos que hai nunha esfera perfecta de silico puro-28. Ata agora, definíase como a cantidade de substancia que hai nun sistema con tantas entidades elementais como átomos hai en 0,012 kg de carbono-12.

1 comentario

  1. La unidad de temperatura Kelvin no se expresa como grados Kelvin, sino como Kelvin a secas. Periódicos, fabricantes de bombillas, etc. lo siguen poniendo mal a día de hoy. Un blog de ciencia no debería hacerlo…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.