Morren máis debuxos animados que personaxes reais

A carga de violencia que teñen moitas animacións infantís é similar á de cintas non recomendadas para menores. Isto afirma un estudo realizado por investigadores canadianos e británicos. A traxedia da nai de Bambi é unha máis da lista: os pais do protagonista sempre teñen moitas papeletas para morrer durante os primeiros minutos da película.
O estudo asegura que a violencia á que se expoñen os nenos cando ven longametraxes de debuxos animados é similar á que conteñen moitas cintas clasificadas para adultos. O traballo foi publicado no número especial de Nadal da revista British Medical Journal, na que se recollen investigacións de cuestionable interese científico, pero levadas a cabo con pulcritude metodolóxica e moito sentido do humor.
“En lugar de ser alternativas inocuas ás películas típicas de drama ou de terror, as películas de debuxos animados están cheas de morte e destrución”, afirman os investigadores da Universidade de Ottawa (Canadá) e do Colexio Universitario de Londres (Reino Unido).

Os debuxos animados teñen o triplo de probabilidades de ser asasinados

Os autores apuntan que os nenos pequenos, de entre dous e cinco anos, consumen produtos audiovisuais unhas 32 horas á semana e, normalmente, ven o mesmo unha e outra vez expoñéndose repetidamente á violencia, o que pode ser traumático para eles..
A vida dun personaxe de debuxos animados é arriscada. Segundo este traballo, teñen máis do dobre de probabilidades de morrer e o triplo de ser asasinados que un de carne e óso. Ademais, en dous terzos das cintas infantís morre algún personaxe importante; con todo, no cine para adultos isto só acontece na metade dos filmes..
Hai mortes que ocorren moi ao principio, sen que dea tempo a collerlle aprezo ao finado. Algunhas das máis notables, segundo os autores, son a nai de Nemo en ‘Buscando a Nemo‘, que é comida por unha barracuda aos catro minutos de comezar a película.
Os pais dos protagonistas teñen cinco veces máis probabilidades de morrer no cine de animación. Este recurso narrativo representa o paso á madurez do protagonista.
Na investigación analizáronse as 45 películas de debuxos animados mais taquilleiras con protagonistas humanos ou animaisâ  desde 1937, ano da estrea de Brancaneves, ata o lanzamento de Frozen , en 2013. Cada unha delas comparouse coas dúas películas de éxito  coas que compartiu carteleira. A mostra inclúe películas de terror  como ‘O exorcismo de Emily Rose’ ou como ‘Pulp Fiction’. Os filmes de debuxos animados demostraron ter máis mortes e violencia que os de personaxes de carne e óso.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia conta 196 mortes por temperatura no que vai de ano, un terzo máis que en 2024

O aumento en comparación co ano pasado deuse en febreiro e marzo, que dobraron as cifras de falecementos por frío

Discurso galego contra as presións das revistas científicas na editorial do British Medical Journal

Dos investigadores do IDIS asinan unha tribuna na prestixiosa revista británica contra estudos científicos retractados que acaban nas guías clínicas

Un estudo da UVigo demostra que o medo á morte é maior nas mozas que nos mozos

Para a realización da investigación participaron máis de 500 alumnos de diferentes institutos e universidades galegas

Por que os polbos se autodestrúen despois do apareamento?

O exceso de colesterol e das hormonas sexuais son algúns dos motivos que levan ao que o animal se quite a vida despois de ter ás súas crías