Explicación: por que algúns lugares da Terra teñen unha gravidade maior ca outros? Ás veces a razón se descoñece. Para axudar a comprender mellor a superficie da Terra, as sensibles medidas dos satélites en órbita GRACE e CHAMP empregáronse para crear o mapa do campo gravitatorio da Terra. Como un centro de estudo destes datos está en Potsdam, Alemaña, e como o resultado fai que a Terra se pareza a algo semellante a unha pataca, o xeoide resultante refírese coma a Pataca Gravitatoria de Postdam. As áreas elevadas deste mapa, coloreadas de vermello, indican zonas nas que a gravidade é lixeiramente máis forte do normal, mentres que nas zonas azuis a gravidade é lixeiramente máis feble. Moitos vultos e vales na Pataca de Gravidade de Potsdam poden atribuírse a accidentes xeográficos, coma a dorsal mesoatlántica e os montes do Himalaia, pero outras non, e por tanto podería relacionarse con densidades baixo a superficie estrañamente altas ou baixas. Os mapas coma este tamén axudan a calibrar os cambios da superficie da Terra, incluíndo as variación das correntes oceánicas e a fusión dos glaciares. O mapa superior fíxose en 2005, pero producíronse mapas de gravidade máis sensibles e recentes da Terra en 2011.