Os Museos Científicos Coruñeses abren de balde e con cita previa este mércores

A festividade local do Rosario ofrece a oportunidade de visitar os tres museos, con certas limitacións por mor da Covid-19

Co gallo da festividade local do Rosario, os Museos Científicos Coruñeses celebran este mércores unha xornada de portas abertas, aínda que limitada en parte polas medidas excepcionais derivadas da pandemia da Covid-19. Así, aínda que a entrada será de balde ao Aquarium Finisterrae, a Domus e a Casa das Ciencias, cómpre facer a reserva con antelación para poder acceder, diante da limitación de capacidade establecida.

Na Casa das Ciencias, a actividade está limitada ao Planetario por mor das medidas de hixiene. A capacidade está limitada a 20 persoas, que poderán elixir entre unha das catro sesións programadas, cunha duración de 60 minutos.

Publicidade

11:00 Da Terra ao universo: unha viaxe pola historia da astronomía. En galego. Idade recomendada: maiores de 10 anos

13:00 Alén do Sol: o Universo a través dos ollos dunha nena. En castelán. Idade recomendada: de 6 a 12 años.

16:30 O ceo de Cloe: unha profesora de planetario moi especial. En castelán. Idade recomendada: de 4 a 6 anos.

– 18:00 Lévame á lúa: a primeira viaxe á Lúa vista dende o futuro.En galego. Idade recomendada: maiores de 10 anos.

Reservas para o Planetario, nesta ligazón.

No Aquarium Finisterrae, a visita está permitida con reserva previa. Poderanse visitar as súas salas, nas que se aborda o coñecemento do medio mariño desde múltiples perspectivas, así como a sala Nautilus, rodeada dun tanque de máis de 4 millóns de litros, onde se poden observar numerosas especies.

As visitas non teñen limitación na súa duración, aínda que se deberán facer obrigatoriamente na hora indicada na reserva, que poderá realizarse nesta ligazón.

No caso da Domus, a actividade tamén está limitada a tres actividades:

– 10:30 e 17:30 maker@domus: Actividades para experimentar coa cultura “maker” e facer tecnoloxía con materais sinxelos e moita imaxinación. Uhna oportunidade única para “pensar coas mans”.

– 11:00 e 17:00 atapuerca@domus: Proxección do filme Na procura do primeiro europeo, facer unha foto coa familia homínida e pintar como na prehistoria.

– 10:15 e 16:15 misión@domus: Xogo de escape no que terás que encontrar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión segreda no tempo marcado.

Poden facerse as reservas nesta ligazón.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia