Venres 29 Marzo 2024

Queres mercar un ordenador? Espera ó verán!

O momento de decidirse a comprar un ordenador adoita ser un pesadelo. Gran cantidade de tempo perdido comparando marcas e modelos, variacións de prezos diarias e melloras continuas nas funcións. Aínda que pareza incrible, a compra destes dispositivos ten tamén a súa ciencia e os seus prezos oscilan, en xeral, dunha maneira cíclica. Coñecer estes datos pode aforrarnos tempo, diñeiro e máis dun desgusto.

O mellor momento para comprar un computador é a última semana de xullo e as primeiras de agosto

En primeiro lugar, é interesante coñecer que os fabricantes presentan un novo modelo aproximadamente cada un ou dous anos e que o prezo unitario adoita ir en descenso co paso do tempo. Unha vez coñecidos estes datos, é conveniente ter en conta a investigación do NPD que estuda a variación no prezo dos dispositivos.

Publicidade

Stephen Baker, analista de NPD, estudou a traxectoria dos prezos dos principais fabricantes de ordenadores ao longo dos anos e presentou unha gráfica coa seguinte conclusión: o prezo dos computadores baixa sempre no verán. “O mellor momento para comprar un computador adoita ser a última semana de xullo e as dúas primeiras de agosto”, explica o analista. Sospéitase que a causa principal é que se trata das semanas previas á temida volta ao cole, na que a demanda de portátiles volve aumentar.

Evolución do prezo do MacBook Air 13.3.
Evolución do prezo do MacBook Air 13.3.

A gráfica basease na lei da oferta e a demanda. A oferta cae en picado nas devanditas semanas estivais polo que resulta o momento idóneo para comprar un computador ó mellor prezo. Sen embargo, a análise de NPD fai fincapé en que esta curva non é común a todas as marcar, xa que cada unha conta cunha clientela que se comporta dunha maneira determinada.

Neste caso, pódese optar pola medida que propón Laptopmag: utilizar unha ferramenta de análise de prezos como CamelCamelCamel para asegurarse unha compra eficiente. Estas ferramentas fan unha análise da evolución dos prezos dos ordenadores nos grandes puntos de venta e alertan dos prezos mínimos anuais. É outra forma sinxela de mercar estes produtos sen ter que lamentarse nun futuro.

Para máis información,
consulta o estudo da revista Laptop Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo doa ordenadores reciclados para entidades sen ánimo de lucro

Este curso entregáronse xa 20 equipos dotados de software libre a diferentes asociacións