Os 1.800 investigadores da UVigo nun só clic

Un escaparate das capacidades da I+D+i que se fai na Universidade de Vigo. Isto é BIDI, o buscador da institución académica viguesa, que este mediodía foi presentado publicamente e ao que xa se pode acceder a través do enderezo electrónico bidi.uvigo.es. “BIDI permitirá ter máis claras as capacidades da nosa comunidade investigadora”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, que incidiu na importancia desta ferramenta “que permitirá poñer en valor o noso traballo e que a sociedade poda buscar solucións a problemas de I+D+i”. Xunto a Mato, a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Asunción Longo, e o director da Área de Transferencia, José Luis Alba, foron os encargados este mediodía de presentar á comunidade universitaria o buscador que inclúe uns 1.800 investigadoras e investigadores de preto de 200 grupos de todos os ámbitos do coñecemento.

“Axilidade, utilidade e actualización”, estes son os tres trazos do BIDI que Asunción Longo destacou na súa intervención, na que tamén confirmou que o buscador indexa os datos gardados na base de datos da Universidade BBDD SUXI-XC, que se actualiza cos últimos datos inseridos polo persoal investigador, que é o encargado de mantelos ao día. Ao traballar co rexistro de investigación, o buscador tamén contén información sobre proxectos de investigación, contratos con empresas, patentes, teses defendidas, artigos de revistas, congresos, etc. A vicerreitora de investigación tamén agradeceu este mediodía o traballo desenvolvido para a posta en funcionamento do buscador do director da Área de Transferencia, os Servizos Informáticos, o persoal técnico de I+D+i e de todo o persoal investigador da Universidade.

Publicidade

Contén datos sobre proxectos, contratos, patentes, teses, artigos e congresos

Pola súa banda, José Luis Alba apuntou ao tecido socio-económico e ao persoal investigador e ao de apoio á investigación e transferencia, como os principais destinatarios do buscador. “O BIDI permitirá ao tecido socio-económico dunha ferramenta para que poida consultar de xeito doado a investigación e transferencia que se fai na Universidade”, sinalou o director da Área de Transferencia, que destacou que esta ferramenta achegará maior transparencia, ao tempo que permitirá capta socios para proxectos de I+D+i, así como interese das empresas polos desenvolvementos da Universidade. “Dotar ao persoal investigador e ao persoal de apoio á investigación e transferencia dunha ferramenta par coñecer mellor as liñas de investigación dos grupos e buscar sinerxías internas e externas” é, segundo Alba, outro dos obxectivos do BIDI, que achega ás e aos usuarios datos de contacto, palabras clave, liñas de investigación e servizos ofertados.

A través de buscas simples e avanzadas en galego, español e inglés, Alba destacou que é na procura por capacidades onde está a potencia dunha ferramenta “moi intuitiva, que permite refinar a busca e exportar os resultados a Excel”. En canto á actualización dos datos que inclúe o buscador, esta faise unha vez por semana indexando as novas incorporacións de perfís e méritos que o persoal investigador insire no SUXI.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

Por que os vapers lle cambiaron a voz a Selena Gómez? O (pouco) que se sabe dos cigarros electrónicos

A docente da USC Julia Rey explica que conteñen substancias canceríxenas tamén presentes no tabaco convencional

Un estudo identifica as claves xenéticas da “adaptación evolutiva única” das píntegas das Illas Atlánticas

A UVigo participou na investigación, que achou que en dúas localizacións do parque nacional as femias dan a luz crías terrestres, en lugar de larvas acuáticas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo