'Dentro de cada cancro hai varios cancros que tratar'

O Congreso de Biocaps revela que as novas técnicas de xenómica serán clave para diagnosticar e tratar os tumores no futuro

Epixenética: a última fronteira

Aínda nos queda unha das últimas fronteiras do coñecemento por superar que nos permitirá entender de forma mais completa e precisa ó ser humano, ademáis da súa interacción co ambiente no que vive e evolucionou. Esta nova ciencia que estuda como o noso xenoma interacciona co ambiente no que vivimos e que explotou a principios deste século chámase Epixenética.