Domingo 6 Outubro 2024

INOU

A palla de trigo, posible fonte de produtos para a industria química

Investigadores da UVigo procesaron este residuo agrícola para obter compostos de alto valor engadido

Hai futuro na ciencia galega

Por terceiro ano actuei de xurado en Galiciencia e tiven a ocasión de ver con ledicia o excelente nivel de innovación dos rapaces, o rigor científico de moitos deles e a súa capacidade para enfrontarse aos problemas. Recomendaría aos nosos gobernantes que acudisen, así verían que merece a pena inverter en ciencia, que cerebro non falta e gañas de traballar tampouco, e que sería unha mágoa que todo ese talento tivese que emigrar.