Sábado 20 Abril 2024

estudiantes

Hai futuro na ciencia galega

Por terceiro ano actuei de xurado en Galiciencia e tiven a ocasión de ver con ledicia o excelente nivel de innovación dos rapaces, o rigor científico de moitos deles e a súa capacidade para enfrontarse aos problemas. Recomendaría aos nosos gobernantes que acudisen, así verían que merece a pena inverter en ciencia, que cerebro non falta e gañas de traballar tampouco, e que sería unha mágoa que todo ese talento tivese que emigrar.