Venres 29 Marzo 2024

Unha delegación da Universidade de Teherán visita Santiago para explorar vías de colaboración

A Universidade de Santiago mantén unha estreita colaboración con institucións educativas iranianas no eido da investigación e do intercambio de coñecemento en múltiples disciplinas. Na identificación de novos campos de cooperación traballará esta semana en Santiago unha delegación da Universidade de Ciencias Médicas de Teherán (TUMS), que esta mañá foi recibida na Facultade de Medicina por Juan Viaño.
Na benvida á USC, o reitor convidounos a coñecer “unha parte das nosas capacidades de investigación no ámbito das ciencias da saúde e que sen dúbida serán de interese para a comunidade educativa iraniana”. En efecto, logo da recepción na que tamén participaron as vicerreitoras de Internacionalización  e de Investigación e Innovación e o decano da facultade anfitrioa, asistiron a unha presentación das liñas de investigación en saúde pública, medicina legal, farmacoloxía e bioquímica.

Cinco universidades da República Islámica de Irán teñen convenio co Santiago

A delegación trasladouse a continuación ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e Medicinas Crónicas da USC (CiMUS) para coñecer as súas instalacións e asistir a varias sesións científicas onde lles explicaron as principais liñas de traballo.
Ao longo desta semana o grupo iraniano manterá tamén encontros con persoal científico e con alumnado interesado en programas de intercambio. En concreto, ademais das oportunidades que ofrece o convenio bilateral entre a USC e a TUMS, coñecerán as posibilidades do Erasmus Mundus Marhaba, o programa de cooperación e mobilidade que lidera a USC dotado con 2,4 millóns de euros. Grazas a ese programa creouse a rede IRIUC, un consorcio no que participan as cinco mellores universidades da República Islámica de Irán
Este Erasmus Mundus promove a mobilidade de 125 estudantes e persoal universitario entre a UE e Irán, Irak e Yemen nun marco de colaboración que inclúe unha representación equilibrada de nove universidades asiáticas (5 en Irán e 4 no Kurdistán) e outras tantas europeas (España, Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido, Portugal, Polonia e Bulgaria).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Down Galicia e USC acordan impulsar proxectos de I+D e formación

Asinan un convenio que abrirá a vía á colaboración en investigación, programas docentes e asesoramento mutuo

A sombra da Terra sobre Damavand

O cinto de Venus corusca sobre o estratovolcán situado en Irán

Premio para unha Erasmus de Enxeñaría da UVigo en Alemaña

Eva Castro Rodiño, estudante da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da...

Case mil docentes da UVigo participaron no programa Erasmus+ dende 2001

A mobilidade internacional non é patrimonio exclusivo do alumnado universitario e...