Sábado 27 Abril 2024

O Concello de Outes aproba por unanimidade a declaración de dereitos do río Tins

O proxecto contribúe á recuperación do bosque de ribeira coa plantación de centos de árbores e arbustos autóctonos

Esta semana o pleno do Concello de Outes fixo historia acordando por unanimidade a declaración de dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá, un texto consensuado pola veciñanza a finais do ano pasado durante un proceso participativo, e que agora adoptou formalmente a corporación municipal. Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A declaración tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.

A declaración inclúe 10 dereitos e 14 compromisos que xurdiron das discusións nas que participou o tecido asociativo local, a comunidade educativa e a veciñanza a título individual, así como representantes do propio Concello de Outes e das institucións que participan do proxecto ReNatur_Outes, de cuxo proceso xurdiu a declaración agora aprobada.

Publicidade

A declaración pretender servir como marco para orientar as políticas públicas relativas á xestión do espazo fluvial do río Tins e tamén como referente para iniciativas da propia sociedade civil, comunidade educativa e do tecido empresarial do concello, que xa está a traballar en diversas iniciativas asociadas ao coidado e posta en valor de todo o que representa o Tins.

Proxecto ReNatur_Outes

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito, non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senón xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O río Tins será o primeiro do Estado en ter dereitos

Unha declaración oficial recoñecerá a lexitimidade do curso fluvial de Outes a non ser contaminado ou danado por actividades humanas

O delfín Manoliño segue ferido: fracasa o novo intento de extraerlle o arpón

O equipo de rescate confirma que o golfiño segue a nadar con normalidade e o artefacto non danou ningún órgano vital

Manoliño, o golfiño ferido de Outes: “O arpón pode provocarlle incluso a morte”

Media ducia de biólogos e veterinarios están no porto do Freixo para retirar o antes posible a vara metálica do costado de Manoliño

Manel Monteagudo non estivo 35 anos en coma: a escuridade intermitente do escritor galego

O relato do escritor galego contradí as súas propias afirmacións, nas que sostén que alternou fases de catatonía con etapas de lucidez por mor das secuelas dun accidente en 1979