Publicidade

Un pemento de Padrón: “A luz que non se ve”

Na fotografía que Javier Veloso Freire presentou ó certame InvestigArte obsérvase un corte transversal dunha raíz de pemento de Padrón (Capsicum annuum) realizada baixo o Microscopio Confocal.

O tecido da raíz baixo a luz branca non ten ningún tipo de cor, é transparente. A imaxe que se ve non ten ningún tipo de tinguidura e as cores observadas débense á autofluorescencia do tecido ao ser excitado con tres tipos diferentes de láser. Cada láser incide sobre a mostra de raíz e esta devolve luz dunha cor diferente ao do láser producindo a denominada autofluorescencia. Na imaxe a cor vermella é emitida por microorganismos que crecen sobre a raíz. A luz azul é autofluorescencia das paredes celulares vexetais primarias e a luz verde é autofluorescencia das paredes celulares vexetais secundarias, un tipo de parede máis grosa.
Esta técnica permite observar tecido vivo intacto, sen necesidade de ser tinguido.

Publicidade

Para ver as fotos, en INVESTIGARTE

Noraboa a Javier Veloso Freire pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As mellores fotos de ciencia en Galicia, en InvestigArte

O Colexio Fonseca de Santiago abre a exposición sobre as 209 imaxes do certame convocado pola Fundación Barrié

O Campus Vida abre o prazo do concurso de fotografía científica ‘InvestigArte’

Investigadores e estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional xa poden...

Lura de potera: “Depredador letal”

O investigador Miguel Cabanellas Reboredo, do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados, retrata o preciso momento no que unha lura captura unha dourada.

“¡Y yo con estos pelos!”

Susana Boso, de la Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), retrata esta folla de vide dunha variedade galega case descoñecida