Cunha refinada e tenaz táctica depredadora, a lura de potera (Loligovulgaris) capturou unha dourada (Sparus aurata) lanzando os seus tentáculos e aplicándolle unha dentada letal na columna. A imaxe foi captada polo investigador Miguel Cabanellas Reboredo, do Departmento de Recursos Naturales, Grupo de Ecología de Peces, do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (IMEDEA). E mostra o preciso momento en que a lura mantén a súa presa entre os seus brazos mentres, coidadosamente, vai despezándoa co seu pico.
Para ver as fotos, en INVESTIGARTE
Noraboa a Miguel Cabanellas Reboredo pola súa foto e a todos os que convocan InvestigArte: Fundación Barrié, Campus Vida da USC, Universidade de Santiago, IDIS e Fundación Ramón Domínguez.