Mércores 24 Abril 2024

A investigadora galega Carmela Cela gaña un concurso de vídeos divulgativos do CSIC

A bioquímica do CBM Severo Ochoa do CSIC obtivo o premio Divulgación Ouro pola explicación da súa tese sobre o funcionamento do timo

Un vídeo centrado na investigación das bases moleculares do funcionamento do timo para alongar a vida do sistema inmunitario. Así é o vídeo da estudante predoutoral Carmela Cela Rodríguez, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa (CBM) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), gañador da III edición do concurso divulgativo ‘Yo investigo, yo soy CSIC’. Este galardón premia os mellores vídeos breves no que os doutorandos explican as súas teses de forma sinxela en tres minutos.

En segundo lugar foi seleccionado o vídeo da doutoranda Olaya García Ruíz, da Estación Biolóxica de Doñana do CSIC, que trata os efectos da dieta dos mosquitos e as condicións ambientais na transmisión de patógenos en animais e humanos. En terceira posición situouse o de Camila Rodrígues de Carvalho y Carvalho, do Centro Internacional de Neurociencias Cajal (CINC), que versa sobre a rehabilitación das lesións medulares con exoesqueletos.

Publicidade

A valoración de cinco expertos

Nesta edición, foron 58 os investigadores predoutorais de todas as áreas de investigación do CSIC (Sociedade, Vida e Materia) que participaron presentando, en tan só tres minutos, o propósito das súas investigacións de forma accesíbel ao público non especializado. Amais, este ano, as dez persoas finalistas expuxeron tamén os seus vídeos diante do comité de valoración. Este órgano estableceu a orde das persoas premiadas en base á comprensión, a claridade comunicativa, a relevancia, o impacto e a orixinalidade dos contidos reflectidos nos vídeos.

O comité de valoración da III edición ‘Yo Investigo, yo soy CSIC’ estivo composto por cinco membros con experiencia en divulgación e comunicación científica: Alberto Corsín Jiménez, científico titular do Instituto de Lengua, Literatura y Antropología del CCHS; Pura Fernández Rodríguez, profesora de Investigación do Instituto de Lengua, Literatura y Antropología del CCHS, e directora de Cultura Científica y Ciencia Ciudadana do CSIC e de Editorial CSIC; Nuria Campillo, científica titular no Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB); Patricia Contreras Tejada, doutora en Tecnologías Cuánticas, divulgadora científica e gañadora do segundo premio na I edición deste mesmo concurso, e Carmen Simón Mateo, científica titular do Centro Nacional de Biotecnología, presidenta de Apadrina la Ciencia e directora do DPE.

Dez galardoados

Os galardóns outorgados consistiron en tres primeiros premios Divulgación Ouro, de 5.750€; entre o 4º e a 6º Divulgación Prata, de 1.000€; e do 7º á 10º Divulgación Bronce, de 500€. Os importes dos premios poderán ser utilizados en gastos relacionados coa actividade investigadora dos predoutorandos. Por exemplo, en estancias de mobilidade con gastos de transporte, manutención e aloxamento incluídos, na asistencia a cursos ou congresos con gastos de transporte, manutención e aloxamento incluídos, na publicación dun artigo científico ou na organización dun workshop.

A cerimonia de entrega de premios, na que se elixiron os 10 gañadores do certame, celebrouse de maneira presencial no salón de actos do CSIC, en Madrid, por mor das condición favorables da pandemia de covid-19. Tamén se difundiu a través da canle de Youtube do Departamento de Posgrao e Especialización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas