A UE prohíbe o uso dos insecticidas que matan as abellas

Representantes dos países membros da Unión Europea acordaron este venres prohibir de xeito permanente o uso ao aire libre dos neonicotinoides, uns insecticidas que, segundo numerosos estudos, causan serios danos ás colonias de abellas en todo o mundo. As evidencias eran claras: varios artigos publicados en Science, e mesmo estudos patrocinados polos propios fabricantes destes compostos confirmaron os danos que provocaban nestes insectos. Con todo, o uso seguirá estando permitido nos invernadoiros onde as abellas non estean expostas a estes produtos.

A prohibición da Comisión Europea afecta a tres destes compostos (clotianidina, imidacloprid e tiametoxan) fabricados por Bayer e Syngenta, que adoitan empregarse en plantacións de millo, algodón, xirasol ou colza, entre outros produtos.

Publicidade

Varios estudos demostraron que os neonicotinoides afectan ao sistema nervioso das abellas

Os estudos demostran, segundo indica a Comisión Europea, que os neonicotinoides afectan ao sistema nervioso dos insectos, causando parálise e, nalgúns casos, a morte. Ademais, permanecen nas follas, flores e raíces das plantas durante bastante tempo, o que incrementa o dano que causan. Do mesmo xeito, outras investigacións sinalaban que pese á toxicidade destes produtos, as abellas preferían achegarse ás plantas con presenza deste tipo de insecticidas.

Nos últimos anos, as elevadas cifras de mortalidade de abellas en todo o mundo puxeron en alerta aos científicos, debido á gravidade deste asunto para os ecosistemas. Estes insectos xogan un papel clave na polinización de moitos vexetais, polo que son unha peza indispensable na cadea trófica.

Publicidade

O acordo deste venres pecha un procedemento de varios anos, despois de que en 2013 a Comisión Europea xa restrinxira temporalmente a utilización destes compostos, debido ás evidencias expostas en informes elaborados pola Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA).

Nos últimos meses acelerouse o proceso para prohibir estes compostos, sobre todo despois da publicación dos informes da EFSA, en febreiro deste ano, nos que se refrendaban os riscos causados por estes tres tipos de insecticidas. Con todo, non houbo unanimidade na votación; 16 países votaron a favor (España, Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia, Suecia, Austria, Países Baixos, Portugal, Grecia, Irlanda, Eslovenia, Malta, Estonia, Chipre e Luxemburgo); catro en contra (Dinamarca, Rumanía, República Checa e Hungría), e oito abstivéronse (Finlandia, Bélxica, Polonia, Eslovaquia, Croacia, Bulgaria, Letonia e Lituania).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigador galego participa na identificación de áreas clave para a conservación de artrópodos

O equipo do estudo, con presenza da USC, xerou unha base de datos con máis de 6.000 especies da Península e Baleares

Recoñecida a Serra do Xistral como unha paisaxe de referencia mundial para a conservación de turbeiras

A designación Global Flagship Landscape sitúa os humidais atlánticos do noroeste ibérico no foco e reforza o compromiso de conservación, restauración e xestión do territorio

Tratado de Alta Mar: unha nova esperanzadora para a saúde dos océanos

O ordenamento das zonas máis afastadas da costa leva discutindo desde hai dúas décadas e só recentemente asinouse un Tratado de Alta Mar

Castro de Rei é o único lugar da península onde nidifica o mazarico real, en perigo crítico

O enclave lucense concentra a totalidade da reprodución confirmada desta ave migratoria na Península Ibérica