O vídeo da lura xigante no porto de Bares

A lura xigante atopada a pasada semana en Estaca de Bares foi captada tamén en vídeo nos seus derradeiros intres de vida, tras quedar varada na praia. Un equipo da empresa Objetivo Drone, especializada en gravacións aéreas, captou o cefalópodo que ten espertado un grande interese científico.

O achado produciuse o pasado 7 de outubro, aproximadamente ás 11.00 horas. Esta femia de lura xigante (Architeuthis dux) estaba moribunda. As primeiras hipóteses apuntan a que mantivo unha loita previa con outro exemplar, na que quedou gravemente ferida. Media un total de 9 metros e 1,2 metros de manto. E o seu peso era de 105 quilogramos.

Publicidade

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños de Galicia (CEMMA) fíxose cargo de exemplar, un descubrimento que é realmente inusual e moi interesante no eido científico. O animal foi trasladado ao Parque da Vida de Luarca para ser sometido a unha necropsia. Trátase do cuarto exemplar que conservará ese recinto este ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento