Este río atmosférico trae aviso amarelo por fortes choivas en Galicia

As provincias da Coruña e de Pontevedra están en aviso por Meteogalicia por intensas precipitacións

O río atmosférico que vemos na imaxe trae fortes choivas a Galicia durante a tarde e noite deste xoves. A auga que cae con estas precipitacións chega directamente dende latitudes tropicais na outra banda do océano Atlántico.

Un río atmosférico, segundo explican desde MeteoGalicia, é unha “masa de aire moi húmido, con grandes cantidades de auga precipitable nas capas altas da atmosfera, que pode chegar a ter milleiros de quilómetros de longo e poucos centos de quilómetros de ancho, que cruza o Atlántico desde as latitudes tropicais ata a costa europea”.

Publicidade

Este fenómeno, estudado en profundidade desde hai anos por expertos galegos de MeteoGalicia e a USC, ten unha grande importancia para a climatoloxía debido á gran achega de humidade que traen consigo. Así, os traballos realizados neste senso tiveron un importante impacto internacional.

O paso deste río atmosférico deixa aviso amarelo por fortes precipitacións en toda a provincia de Pontevedra e no Oeste da Coruña, ademais de ondas de 4 a 5 metros en todo o litoral galego.

Publicidade

Tras superar este fenómeno de fortes choivas, chega o tempo cálido, con altas temperaturas previstas para Galicia durante a fin de semana.

E aquí podes ler máis sobre os ríos atmosféricos e Galicia:

Físicos de Santiago estudan os 'ríos atmosféricos' que traen choiva a Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua