Investigación

A Academia de Ciencias entrega os premios de transferencia, divulgación e xornalismo

A entidade recoñeceu os casos de éxito de empresas galegas desde a investigación, así como o labor de comunicación da ciencia á sociedade

A poboación de España e Portugal pode caer á metade para o ano 2100

Un artigo de "The Lancet" proxecta que o número de seres humanos acadará o seu pico na década de 2060 e comezará a baixar a finais de século

RelEYEble: reinventar a visión artificial nos tempos da Covid-19

Un sistema para supervisar a capacidade dos locais, o uso da máscara e a distancia de seguridade recibe o premio Ricardo Bescansa da RAGC

Jorge Mira e Xavier Fonseca gañan os premios de Divulgación e Xornalismo da RAGC

Selina Otero, de Faro de Vigo, recibiu o accésit do premio Celia Brañas, que se entregan este martes cos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

A vacina contra a Covid-19 desenvolvida en Santiago recibe un novo pulo de 20.000 euros

Novo apoio para o proxecto na procura dunha vacina contra a Covid-19 que desenvolve desde Santiago de Compostela o grupo do Centro Singular de...

Estas son as propostas de ciencia e investigación para as eleccións autonómicas do 12X

Análise do programa en materia cientifica, carreira investigadora e desenvolvemento e innovación dos principais partidos políticos

Científicos de Santiago, nun proxecto que vixía o SARS-CoV-2 en 30 depuradoras

Jesús L. Romalde e David Polo, do equipo de Viroloxía Ambiental da USC, participan nun proxecto apoiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica

Saúl Ares: “Hai síntomas de transmisión descontrolada no brote da Mariña”

O científico do CSIC desenvolve un cálculo a partir da evolución do foco que e

Marea Galeguista e Galicia en Común fan “corta-pega” do programa de ciencia de 2016

Páxinas enteiras das propostas para as eleccións do 12 de xullo son idénticas ao programa presentado sobre ciencia e I+D por En Marea

Unha microbióloga en paro, autora principal dun artigo na prestixiosa revista PNAS

A investigadora Astrid Pérez está á espera de que se execute un proxecto financiado por unha empresa farmacéutica para reanudar a súa carreira

A laca que elimina os fungos e a psoríase nas unllas faise en Galicia

Un grupo de investigación da USC formula un verniz que combate as patoloxías e que chegará nos vindeiros meses ao mercado

A Academia de Ciencias falla os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia

Recoñecen o uso da intelixencia artificial na Covid-19, unha laca de unllas terapéutica e un tratamento dermatolóxico para pacientes de cancro

Científicos galegos, no achado dun novo tipo de tetraquark no CERN

A colaboración LHCb, na que participa o Instituto de Física de Altas Enerxías de Santiago, describe a primeira observación desta partícula exótica

Un artigo de científicos de Lugo, o máis citado nunha revista de referencia mundial

O traballo sobre recubrimentos alimentarios publicado por Patricia Cazón e Manuel Vázquez en "Food Hydrocolloids" acadou un gran impacto

Sen ciencia non hai futuro: a investigación mobilízase fronte a precariedade constante

Científicos e científicas e numerosas institucións difunden por terceiro mércores seguido a súa protesta a través das redes sociais

O sector biotecnolóxico galego pon en marcha o proxecto DATAlife

O clúster Bioga encabeza unha iniciativa que busca mellorar a competitividade empresarial mediante a adaptación a tecnoloxías dixitais disruptivas